Fútbol

Equipos de futbol da SRD Canido

A SRD Canido, como sociedade centenaria, sempre estivo moi involucrada no mundo deportivo. Deste xeito, xa desde os seus inicios, o fútbol foi un dos principais motores do club. Foron moitas as persoas, familias e amigos os que pasaron polas filas dos equipos da SRD Canido. Hoxe en día podemos lucir moi orgullosos algúns anacos da nosa historia.

É certo que, como en todos os sitios, hai momentos mellores e peores. Xa neste século, a sociedade atravesou unha época escura neste apartado. Aínda así, co traballo e esforzo de todos, conseguiuse volver levantar o club creando e mantendo varios equipos de nenas e nenos de diferentes categorías: biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Ademáis, os seus responsables foron quen de inculcarlles, coa súa gran labor, o sentimento de familiaridade e amizade que tan importante é nesas idades.

Historia e Equipos Base

Tal foi o traballo feito que, na tempada 2025-2026, o equipo Benxamín quedou Campión de Liga e Copa sen acadar ningunha derrota en toda a competición. Este fito chamou a atención dos clubes galegos conseguindo invitacións a torneos nos que participaron equipos históricos como o Atlético de Madrid ou o Real Oviedo. Ademáis, clubes importantes da provincia como o Racing Club Ferrol e o RC Deportivo ficharon a varios xogadores do Benxamín. Sen deixar atrás ao resto de equipos, o Prebenxamín e o Alevín quedaron en segunda posición nos seus respectivos grupos de competición. Toda unha absoluta honra para nós.

Inscricións

Se estades interesados en que algún familiar ou coñecido xogue na SRD Canido, non dubidedes en contactarnos.

As inscricións fanse a través da plataforma de Cluber

Equipo Sénior

Na tempada 2025-2026, despois de case 20 anos, volveuse formar o equipo sénior. Este é un dos maiores logros da historia recente da SRD Canido. Non é máis importante que outro equipo da base, pero fai que o club sexa máis visible na comarca. Pouco a pouco, a cada paso, Canido volver estar no mapa.

Como é o normal, un equipo novo ten que arrincar na última categoría. Neste caso é a 3ª Futgal. A tempada empezou xogando a Copa de 3ª Futgal, na que os 9 equipos que compoñen a categoría xogaron unha “liguilla” dunha volta con seminifinal e final para os catro primeiros clasificados. O noso equipo chegou ata a semifinal (clasificado como terceiro), onde quedou eliminado fronte ao SDCR Narón O Freixo. Unha gran participación para ser a primeira competición.

O que restou de tempada xogouse a Liga de 3ª Futgal, na que os dous primeiros clasificados ascenderían directamente. Despois, do terceiro ao sexto, xogaron un Playoff para un terceiro ascenso. O equipo Sénior acadou a terceira plaza e logrou o ascenso a 2ª Futgal tras vencer no dito Playoff ao CD Estrella A Solaina (9-1 no xeral) en semifinais e á Cultural Maniños "B" na final (2-0 a partido único). Polo tanto, na tempada 2026-2027, a SRD Canido terá participación na categoría 2ª Futgal.

Equipacións

Como podedes ver nas diferentes imaxes deste apartado, o club dispón de diferentes equipacións.

A primeira é a clásica blaugrana que tanto indentificou ao Canido ao longo da súa historia. Actualmente non sabemos en que ano empezaron a utilizarse estas cores, pero coméntase que se elixiron por imitar ao FC Barcelona.

Por outra banda, no barrio convivían tres equipos: o Galiano, o San Rosendo e o Canido. Debido a isto, a segunda equipación é branca completa en honra ao Galiano. E, para rematar, a camisola de quencemento e a de xogar do equipo biberón é amarela co escudo en azul. Así eran as cores do San Rosendo.

Patrocinadores

ENDEREZO

Condicións

Rúa Insúa, 17, Ferrol, España 15401

© 2026. All rights reserved.

Horario AMBIGÚ

Luns Pechado
Martes a Venres 10:00 – 15:00, 19:00 – 23:00
Sábados e Domingos 10:00 – 23:00

Termos e Condicións

Horario ATENCIÓN DIRECTIVA

Luns a Venres 19:00– 21:00 (aprox.)